Orixe da imaxe
Reflexiona sobre as situacións comunicativas que se suxiren a continuación para deducir a función da linguaxe que predomina nelas. Xustifica a túa resposta:
- Un mitin a favor do si á independencia de Escocia respecto do Reino Unido.
- O parte meteorolóxico no Telexornal.
- Un anuncio de iogures.
- Este blog de aula de 1º de Bacharelato.
- Un pai fala con seu bebé de tres meses mentres o baña.
- O horario de clase.
- Makinaria, o poemario de Carlos Negro.
- Unha solicitude de bolsa de estudos postobrigatorios.
- O prospecto dun medicamento.
- As declaracións de amor de dous namorados.
Ten presente o esquema da comunicación:
CANAL
Función fática
CÓDIGO
Función metalingüística
EMISOR MENSAXE RECEPTOR
Función expresiva Función poética Función apelativa
CONTEXTO
Función referencial
Ningún comentario:
Publicar un comentario